Nacen os Supermércores na Rúa do Progreso, iniciativa na que colabora o Concello

Os Supermércores pretenden impulsar un novo movemento social que dinamice a cidade, nun momento de especial dificultade debido á crise sanitaria

Os comercios que participarán nesta iniciativa son: Fontao,  Kukai, Viaxes  Almar, Modesto, Mariña,  Kukadas e ou  Baul Branco

Martes, 01 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nacen os Supermércores na Rúa do Progreso, iniciativa na que colabora o Concello

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, anunciou a participacion na iniciativa Supermércores na Rúa do Progreso na Raíña, organizada polos establecementos desta céntrica rúa lucense, en colaboración ca Asociación Lugo Monumental.

En vista do éxito obtido pola actividade dos “Supermartes” organizada na rúa da Raíña durante o mes de Outubro e Novembro o  Concello de Lugo, pretende impulsar da mesma forma o comercio noutras rúas da cidade. Nesta liña, mañá inaugurarase o “mercadillo” que se celebrará todos os mércores na Rúa do Progreso ata pasar a temporada de nadal.

Os establecementos da Rúa do Progreso colocarán stands cos seus produtos na rúa e ofrecerán descontos e promocións aos clientes, co obxectivo de dinamizar a actividade nunha das principais rúas comerciais da cidade. Deste xeito, levarase a cabo todos os mércores, do 02 de decembro ao 6 de xaneiro de 10.00h a 20.00h. Nesta iniciativa participarán: Fontao,  Kukai, Viaxes  Almar, Modesto, Mariña,  Kukadas e ou  Baul Branco.

Mauricio Repetto subliñou que “dende o Concello de Lugo estamos moi satisfeitos de colaborar con iniciativas deste tipo que contribúen a fomentar o comercio de proximidade e dinamizar a actividade nas nosas rúas e barrios, nun momento de especial dificultade para os comerciantes e pemes polas consecuencias da pandemia”.

Así mesmo, o edil convidou á cidadanía a mercar nos establecementos participantes, “sempre mantendo as distancias de seguridade e o resto de indicacións establecidas polas autoridades sanitarias para facer frónte á Covid”.

Noticias relacionadas