Na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá traballouse na coordinación da seguridade do Arde Lucus

O Alcalde en funcións e o Subdelegado do Goberno presidiron a reunión, na que se estableceron as medidas para previr accidentes derivados da aglomeración de persoas durante a festa

Xoves, 04 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde en funcións, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, presidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade que tivo lugar esta mañá no Concello para deseñar o dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo da celebración da festa do Arde Lucus, que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño.

Na xuntanza tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua en funcións, Carmen Basadre, así como mandos das Policía Local, da Policía Nacional, Bombeiros e Protección Civil.

No encontro tratouse a coordinación das distintas forzas e corpos de seguridade así como os de Protección Civil para garantir que non exista ningún tipo de incidente nos distintos actos programados.

Tamén informou que se repartiu documentación coa información detallada dos distintos itinerarios e actividades previstas durante os tres días de festa. “Este ano non hai novidades en canto a modificacións de percorridos, xa que se manteñen os do ano pasado como poden ser o desfile pola Ronda da Muralla” segundo explicou Carmen Basadre.

Multimedia

Noticias relacionadas