A música tradicional galega, banda sonora do San Froilán 2015

O XIII Festival de Cultura Tradicional e a XVII Mostra de Música Tradicional Galega celebraranse o sábado e domingo, 10 e 11 de outubro na Praza de Santa María e nas rúas do recinto histórico da cidade, respectivamente 

Luns, 21 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este luns novas actuacións musicais programadas para o San Froilán 2015, que terá lugar do 3 ao 12 de outubro. Trátase do XIII Festival de Cultura Tradicional e da XVII Mostra de Música Tradicional Galega, que se celebrarán o sábado e domingo, 10 e 11 de outubro na Praza de Santa María e nas rúas do recinto histórico da cidade, respectivamente.

Carmen Basadre fixo fincapé nas actuacións de música tradicional galega “como aposta por manter un San Froilán de marcado carácter popular”. Neste senso, a Concelleira lembrou que a programación destas festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional, contempla actuacións musicais de todo tipo, “para que estas festas sexan para todos os gustos, que ao fin e ao cabo é o que define ao San Froilán”.

O XIII Festival de Cultura Tradicional, organizado pola Asociación Cultural Cántigas e Frores, contempla as actuacións da Asociación Cultural La Trébede, de Valladolid, o grupo de Coros e Danzas Mancha Verde, de Argamasilla de Alba, de Cidade Real e a da Asociación Cultural Cántigas e Frores, de Lugo. Este certame de música tradicional terá lugar o 10 de outubro a partir das 18:00 horas na Praza de Santa María.

Por outra banda, un total de 13 grupos participarán na XVII Mostra de Música Tradicional Galega, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. O domingo, 11 de outubro, as agrupacións Airiños da Freba, Encantiños do Ulla, Estiño, Os Mecos do Grobe, Os Viqueiras de Ordes, Eudemónicas, Folieiros de Lavadores, Frouma, Tornaxeira, Tumba e Dalle, Os Campantes da aña, Pandereteiros de O Fiadeiro e Os Sin Son Gaiterios amenizarán as rúas do casco histórico lucense, de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 19:00 horas.

Audio

Noticias relacionadas