A música gospel soará no Auditorio Gustavo Freire este domingo nun concerto solidario

Lara Méndez, Carmen Basadre e unha representante de Artetmusique, presentaron o concerto de Aba Taano, a beneficio de Música para Salvar Vidas, que arrincará ás 19:00 horas. As entradas custan 8 euros

Venres, 01 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A música gospel soará no Auditorio Gustavo Freire este domingo nun concerto solidario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e unha representante de Artetmusique, Elisabeth Michot, presentaron este venres un concerto de Gospel africano, a cargo da agrupación Aba Taano e a beneficio de Música Para Salvar Vidas, que terá lugar este domingo, 3 de abril, no Auditorio Gustavo Freire a partir das 19:00 horas. Trátase dun proxecto de axuda a nenos e nenas orfas de Uganda, para crecer e aprender a través da música e a danza co fin de encontrar un futuro no seu propio país. As entradas custan 8 euros, e poderán adquirirse no propio auditorio dende dúas horas antes do espectáculo.

No acto, Lara Méndez, destacou que o Concello ten que estar sempre colaborando, pero sobre todo cando esta colaboración vai destinada aos máis cativos. Neste senso, a rexedora lembrou a sinatura dun convenio coa Obra Social La Caixa e a Xunta de Galicia para loitar contra a pobreza infantil.

A rexedora tamén quixo facer fincapé en que Lugo é unha das cidades de Galicia que mantén as subvencións para programas de cooperación internacional, que nos orzamentos para o 2016 inclúe unha partida de 70.000. Neste senso, insistiu na disposición do Concello para colaborar e axudar con actos de marcado caracter solidario ao tempo que convidou aos lugueses e luguesas a achegarse o domingo ao Gustavo Freire.

Pola súa banda, Michot mostrouse orgullosa de que Aba Taano poida actuar en Lugo, tras recorrer a maioría das provincias de España dende o 2005.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a colaboración do Concello de Lugo nas causas solidarias|Descargar mp3

Noticias relacionadas