Música de arpa, lectura dun poema e ofrenda floral conxunta para homenaxear aos pais no Cemiterio Municipal este domingo

O Concello organiza estes actos a partir das 12:30 horas, co obxectivo de render unha homenaxe familiar e íntima neste día tan sinalado, ao tempo que se impulsa un potencial e valor de Lugo, como é o camposanto de San Froilán

Venres, 17 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Concello de Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, organiza para este domingo 19 de marzo, Día do Pai, unha serie de actos culturais no cemiterio de San Froilán, co obxectivo de render unha homenaxe familiar e íntima neste día tan sinalado ao tempo que se impulsa un dos potencias e valores da cidade de Lugo, como é o cemiterio municipal.

Será a partir das 12:30 horas cando se inicien os actos. Haberá un concerto de arpa, a cargo de Iván Garmén, e unha lectura do poema Carta a un Fillo de Rudyard Kipling, que realizará o actor Carlos Coira. Ademais, na entrada do cemiterio, ofrecerase a todos os visitantes un pequeno ramo de margaridas, para realizar unha ofrenda floral conxunta.

O cemiterio municipal de San Froilán conta co mellor monumento funerario de España, o mausoleo neogótico situado á entrada do recinto, e está integrado no proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos, unha iniciativa creada pola Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais, que persegue visualizar os valores patrimoniais, culturais e turísticos que encerran os cemiterios españois.

Noticias relacionadas