A muller no cinema e na televisión protagoniza os II Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual nunha gala que acolleu Lugo

Lara Méndez e Darío Campos asistiron ao acto de entrega destes premios, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual

Martes, 05 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A muller no cinema e na televisión protagoniza os II Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual nunha gala que acolleu Lugo

A Academia Galega do Audiovisual entregou esta tarde, na Deputación da Lugo, os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por dúas novísimas investigadoras e máis dous investigadores galegos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións galegas e na que este ano se destacaron, tamén, outros tres traballos con cadanseu accésit. Tres dos traballos elixidos polo xurado dos II Premios María Luz Morales -que levan o nome dunha xornalista galega de referencia entre a intelectualidade española do século XX- cuestionan o papel da muller no cinema e na televisión, dende distintas perspectivas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, asistiron ao acto, no que se premiou a Lucía Estévez (mellor Videoensaio do Audiovisual Galego), Denisse Lozano (mellor Videoensaio do Audiovisual Internacional), Marcos Nine (mellor Ensaio escrito Audiovisual Galego) e Fernando Redondo (mellor Ensaio Escrito Audiovisual Internacional). O xurado desta segunda edición dos Premios María Luz Morales quixo recoñecer, tamén, con tres accésit o labor doutras dúas investigadoras e máis dun investigador galegos nacidos despois dos noventa: Brais Romero, Éire García e Sabela Rei.

Noticias relacionadas