Muller e Igualdade organiza unha Charla-coloquio de nutrición, con motivo do Día Internacional da Acción pola Saúde das Mulleres

A Charla-coloquio, será o xoves, 26 de maio, ás 20:00 horas no centro de convivencia Uxío Novoneyra.

 
Venres, 20 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Igualdade organiza unha Charla-coloquio de nutrición, con motivo do Día Internacional da Acción pola Saúde das Mulleres

 O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Muller e Igualdade, dirixida por Silvia Alonso, busca recordar a importancia que ten o coidado da saúde da muller a través da súa alimentación, sendo conscientes de que as súas necesidades enerxéticas e nutricionais varían coa idade e nas distintas etapas da vida.

Para elo, a área que dirixe Alonso, organizará unha Charla-coloquio, baixo o nome de "A nutrición nas etapas da vida da muller: consellos prácticos".  Terá lugar o xoves, 26 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos do centro de convivencia Uxío Novoneyra.  A entrada é libre ata completar aforo.

A dietista-nutricionista Marta Pérez Fandiño, colegiada nº GA00070, será a encargada de ofrecer esta charla que afondará nos cambios durante a etapa da vida da muller, onde a nutrición adquire un papel fundamental. Fará fincapé na infancia, adolescencia, xuventude, preconcepción, embarazado, nai lactante, menopausia e idade adulta. 

Audio

 

Noticias relacionadas