A montaxe da estrutura da pasarela peonil sobre a N-VI conclúe este luns coa colocación do último treito da rampla de acceso

Os traballos obrigarán a cortar o ramal en dirección A Coruña, cara o centro comercial Carrefour, entre as 8:30 e as 12:30 horas.

O Concello sinalizará as obras e habilitará desvíos para o tráfico rodado pola seguinte saída á Avenida das Américas.

Logo das obras previstas para o luns, procederase á colocación dos pasamáns, á instalación da iluminación e á urbanización e humanización dos exteriores.

Esta nova dotación impulsada polo Goberno de Lara Méndez se enmarca na estratexia Dusi que se financia ao 80% con fondos FEDER e servirá para mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial.

Sábado, 01 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A montaxe da estrutura da pasarela peonil sobre a N-VI conclúe este luns coa colocación do último treito da rampla de acceso

A montaxe da estrutura da pasarela peonil sobre a N-VI concluirá o vindeiro luns, 3 maio, coa colocación do último treito da rampla de acceso.

Os traballos obrigarán a cortar o ramal dende esta vía en dirección A Coruña cara o centro comercial Carrefour e ata a rotonda onde se atopa a gasolineira de Galp (Avda. dos Deportes), entre as 08:30 e as 12:30 horas, aínda que a circulación se restablecerá en canto rematen os labores.

Igual que en anteriores ocasións, o Concello, que xa deu conta do aviso á Policía Local e á DXT, sinalizará as obras con conos e un cartel indicativo e habilitará desvíos para o tráfico rodado pola seguinte saída á Avenida das Américas.

Logo das obras previstas para o luns, a empresa encargada da súa construción procederá á colocación dos pasamáns e á instalación da iluminación así como á urbanización e humanización dos exteriores.

Esta nova dotación, que se enmarca na estratexia Dusi Muramiñae e está financiada ao 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial.

Coa súa creación o goberno de Lara Méndez pretende habilitar un novo itinerario para peóns e bicicletas, favorecendo a continuidade do casco urbano co río Miño, diminuíndo a dependencia do uso do vehículo e incrementando a seguridade e a comodidade das e dos viandantes ao tempo que se atende unha vella demanda da cidadanía lucense.

Noticias relacionadas