Mil duascentas persoas optan as oposicións de auxiliar administrativo convocadas polo Concello

Venres, 17 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A semana que vén celebrarase o primeiro dos exercicios dos procesos selectivos convocados polo Concello para o acceso en propiedade a tres prazas de auxiliar de
administración xeral, en quenda de consolidación de emprego temporal, e a quince prazas de auxiliar de administración xeral, en quenda libre, segundo informa a Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade.

No primeiro dos casos o exame terá lugar o martes, día 21 de setembro, e o número de aspirantes é de 100.

O xoves, día 23 de setembro, terá lugar o primeiro dos exercicios para as prazas de quenda libre. O número de inscritos neste caso é de 1.100.

Os aspirantes unicamente poderán acceder ó lugar de celebración do exercicio co documento nacional de identidade ou pasaporte e bolígrafo azul. Non poderán entrar no recinto con teléfonos móbiles, bolsos, PDAS ou calquera tipo de aparato receptor de comunicacións nin aparatos de almacenamento de datos.

O Concelleiro de Réxime Interior e Protección da Comunidade, José Rábade, ditou un decreto que establece, ademais, a instalación de equipos inhibidores de frecuencia coa finalidade de evitar a comunicación de datos do exterior ós aspirantes que se atopen a realizar a proba.

A información relacionada con este proceso selectivo está exposta no taboleiro de anuncios e tamén na páxina web do Concello www.lugo.es.

 

Noticias relacionadas