Miguel Fernández, supervisou esta mañá as tarefas de rexeneración do firme dunha estrada na parroquia de San Martiño de Piñeiro

Estas obras están incluídas no Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos do ano 2020, que conta cun orzamento de 500.000 €, destinado integramente a melloras no rural.

Martes, 04 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández, supervisou esta mañá as tarefas de rexeneración do firme dunha estrada na parroquia de San Martiño de Piñeiro

O Concelleiro de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, supervisou esta mañá as tarefas de rexeneración do firme da estrada que vai dende A Silva, na parroquia de San Xoán do Campo, e que discorre a través da parroquia de San Martiño de Piñeiro, chegando ao límite do termo municipal de Guntín, por un importe total de adxudicación que ascende a 109.145,60 euros, financiados entre o Concello e a Deputación de Lugo.

Esta actuación enmárcase dentro do Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos do ano 2020 e beneficia a veciños das parroquias de San Xoán do Campo e San Martiño de Piñeiro. Os traballos consistiron na rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, mellora das canalizacións de auga, así como o próximo pintado da sinalización horizontal e a instalación da correspondente sinalización vertical.

A intervención ten por obxecto mellorar as comunicacións de varios núcleos nos que, coas obras desenvolvidas, se garante a seguridade da circulación en puntos tan transitados, Miguel Fernández destacou que “estas actuacións responden ás peticións veciñais existentes nas parroquias e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, para fixar poboación e mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.

Audio

  • O Concelleiro de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, sobre o aglomerado | Descargar mp3

Noticias relacionadas