Miguel Fernández supervisa as tarefas de bacheo e rexeneración de firmes na parroquia de Fazai

Nos últimos meses, o Concello realizou estas tarefas nas parroquias de Poutomillos, Prógalo, Bacurín, Labio, Pedreda, Carballido e Recimil e continuarán ata completarse en todos os núcleos rurais do municipio

Martes, 08 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández supervisa as tarefas de bacheo e rexeneración de firmes na parroquia de Fazai

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este martes na parroquia de Fazai os labores de bacheo e rexeneración de firmes das estradas da rede viaria das 54 parroquias, dos que se ocupa a brigada municipal de obras do rural. Esta brigada está composta por dous condutores e catro operarios, así como un camión con gravilladora, unha cisterna de bituminosos, unha retroescavadora e diverso material.

O edil informou que nos últimos meses, o Concello realizou estas tarefas nas parroquias de Poutomillos, Prógalo, Bacurín, Labio, Pedreda, Carballido e Recimil. Estes traballos continuarán ata completarse en todos os núcleos rurais do municipio, que supoñen un total de máis de 1.100 quilómetros de pistas.

“Ademais de manter en bo estado as vías das parroquias, con estas tarefas, que atenden a peticións veciñais, melloramos as comunicacións no rural e a seguridade vial”, destacou Fernández, quen subliñou o gran peso do rural do municipio, que supón o 80% do total do territorio do Concello e o 10% da poboación.

Plan de roza

Por outra banda, a entidade local tamén está a executar o Plan de Roza das pistas da zona rural, que conta cun orzamento de 97.300 euros. Este plan arrincou no mes de xullo e prolongaranse neste mes de agosto ata chegar á totalidade das estradas municipais asfaltadas de todas as parroquias.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre o plan de bacheo | Descargar mp3

Multimedia

  • Miguel Fernández supervisa as tarefas de bacheo e rexeneración de firmes na parroquia de Fazai

Noticias relacionadas