Miguel Fernández supervisa as obras de mantemento e conservación do firme na estrada do Seixo

Estes traballos, nos que o Concello inviste preto de 27.000 euros, consisten na pavimentación con mestura asfáltica en quente de 660 metros deste vial

Sábado, 18 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández supervisa as obras de mantemento e conservación do firme na estrada do Seixo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou os traballos de mantemento e conservación do firme na estrada do Seixo, na parroquia de Esperante. As actuacións consisten na pavimentación con mestura asfáltica en quente de 660 metros deste vial.

Tamén se realiza a limpeza das cunetas, restablécese a drenaxe lonxitudinal da pista, instálanse tres bases para colocar os colectores do lixo e pintarase os extremos desta estrada. Estes traballos, que contan cun orzamento de preto de 27.000 euros, melloran a seguridade viaria, ademais de favorecer a comunicación e a calidade de vida dos veciños e veciñas do rural lucense.

Esta actuación responde a peticións da veciñanza e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, para fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños e veciñas.

Noticias relacionadas