Miguel Fernández reúnese co xogador da ACB Álex Llorca para avanzar na organización do campus de baloncesto na cidade

O Concello colabora con esta cita, que terá lugar do 11 ao 17 de xullo, na súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se impulsa a cidade

Martes, 07 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, mantivo unha xuntanza este martes no Salón de Comisións co xogador da ACB Álex Llorca, para avanzar aspectos da organización do campus de baloncesto, que traerá a Lugo no vindeiro mes de xullo, un deporte que conta con moitos adeptos na cidade.

O Concello colabora con esta cita que terá lugar do 11 ao 17 de xullo, posto que se enmarca na súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se impulsa a cidade de Lugo, xa que moitas familias achegaranse cos seus nenos e nenas.

Miguel Fernández destacou importancia deste campus, dirixido e organizado por un deportista tan querido e que deixou unha fonda pegada na nosa cidade, como é Álex LLorca, Tamén fixo fincapé en que “este campus vai permitir aos participantes socializarse como persoas e como deportistas, ademais de mellorar os seus fundamentos técnicos de baloncesto e tamén pasar unha xornadas inesquecibles, gozando deste fermoso deporte”.

Pola súa banda, Llorca expresou a súa satisfacción por ser o primeiro ano que realiza este campus e dixo que está traballando con moita ilusión, para que os nenos e nenas pasen unha semana moi produtiva. Ademais lembrou que “as inscricións seguen abertas a través da web www.campusalexllorca.com, para que se apunten moitos nenos e nenas e sexamos unha grande familia”.

Audios

  • Miguel Fernández, sobre o xogador da ACB Álex Llorca | Descargar mp3
  • Álex Llorca, sobre o campus de baloncesto na cidade | Descargar mp3

Noticias relacionadas