Miguel Fernández recibe no Concello a unha expedición do Exército do Aire que realizará o Camiño de Santiago en 24 horas

Luns, 07 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández recibe no Concello a unha expedición do Exército do Aire que realizará o Camiño de Santiago en 24 horas

O portavoz do Goberno local, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no Concello a unha expedición do Exército do Aire, procedente do Aeródromo Militar de Santiago, que realiza o Camiño a Compostela.

Coincidindo coa súa saída, para o que escolleron a cidade de Lugo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cohesión Territorial, recibiu á forza militar nun acto oficial que tivo lugar na Casa Consistorial.

O voceiro do executivo municipal aproveitou para “darlles a benvida”,ao tempo que lles agradeceu que pensaran en Lugo como punto de partida da marcha, que completarán en 24 horas, alén de desexarlles bo Camiño e convidalos “a desfrutar moito da viaxe e de toda a riqueza patrimonial, cultural, artística e grastronómica de Lugo”, concluíu Miguel Fernández.

Multimedia

  • Miguel Fernández recibe no Concello a unha expedición do Exército do Aire que realizará o Camiño de Santiago en 24 horas

Noticias relacionadas