Miguel Fernández recibe aos organizadores do I Salón Canino No sin mi perro, que se celebra esta fin de semana en Lugo

Mércores, 19 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández recibe aos organizadores do I Salón Canino No sin mi perro, que se celebra esta fin de semana en Lugo

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, recibiu este mércores, na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, aos responsables do I Salón Canino No sin mi perro, Rubén López, xerente do Pazo de Feiras e Congresos, e Virginia Torrecillas, presidenta da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo. Trátase dun evento co que tamén colabora o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos esta fin de semana, e que pretende ofrecer uns días de lecer para disfrutar dos cans dende o respecto, así como visibilizar e concienciar sobre o abandono e maltrato animal.

A primeira edición deste salón contará con multitude de actividades, entre as que destacan probas de adestramento, exhibicións e diferentes talleres. A entrada custará 3 euros e parte do recadado doarase á sociedade protectora. O evento está dirixido a familias e públicos de todas as idades, que poderán acudir coas súas mascotas.

Noticias relacionadas