Miguel Fernández recibe aos asistentes ao Comité da Asociación Internacional de Policía, que celebra unha xuntanza mañá en Lugo

Venres, 13 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández recibe aos asistentes ao Comité da Asociación Internacional de Policía, que celebra unha xuntanza mañá en Lugo

O voceiro municipal recibiu este venres no Salón de Plenos a representantes das distintas comunidades que participan mañá en Lugo na Asamblea do Comité Executivo Nacional da Asociación Internacional de Policía, á que pertencen as distintas forzas de seguridade, en España, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, Mossos D`Esquadra e Ertzaitza, reuníndo na cidade luguesa a máis de 70 persoas.

Durante o acto, ao que tamén asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o voceiro felicitou aos integrantes da asociación polo extraordinario labor que realizan en prol dos dereitos e das liberdades.

Miguel Fernández tamén aproveitou para convidar aos asistentes a coñecer a historia de Lugo, así como o seu patrimonio histórico, cultural, arqueolóxico e gastronómico da cidade.

Multimedia

  • Miguel Fernández recibe aos asistentes ao Comité da Asociación Internacional de Policía, que celebra unha xuntanza mañá en Lugo

Noticias relacionadas