Miguel Fernández da o pistoletazo de saída á 14ª etapa da Volta Ciclista a España en Lugo

Mércores, 04 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández da o pistoletazo de saída á 14ª etapa da Volta Ciclista a España en Lugo

O concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, foi o encargado, este mércores, de dar o pistoletazo de saída á 14ª etapa do evento ciclista máis sinalado dentro do panorama nacional e internacional, a Volta Ciclista a España. O edil estivo acompañado pola subdelegada do Goberno de España en Lugo, Isabel Rodriguez.

Miguel Fernandez destacou que tanto o punto de saída da etapa coma o percorrido neutralizado cumpriu coas instrucións das autoridades sanidades ao tempo que permitiu que un amplo número de medios de comunicación ofrecera a oportunidade a millóns de persoas, de ver a través dunha pantalla, imaxes espectaculares da enorme riqueza de carácter patrimonial e natural que temos en Lugo.

Etapa 14 da Volta a España

Os corredores sairon hoxe de Lugo con dirección a Ourense nunha etapa de media montaña con tres portos de terceira categoría (Escairón,  Guitara e  Abelaira). Serán 204 quilómetros de percorrido, unha quilometraxe moi superior que poñerá a proba as forzas restantes entre os ciclistas.

Noticias relacionadas