A mesa local de comercio estuda o traslado do centro de especialidades

Xoves, 20 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Mesa Local de Comercio analizou o impacto que terá na economía da cidade o traslado do Centro de Especialidades na xuntanza que celebrou esta mañá no Concello.

O traslado do Centro de Especialidades da praza do Ferrol ó novo Hospital foi o asunto principal que se analizou na xuntanza da Mesa Local de Comercio da que forman parte o Concello, a Federación de Comercio e a Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo.

Trala xuntanza, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, declarou que para o Goberno local “é moi importante” que o Centro de Especialidades se manteña no centro, “non só polo servizo que presta senón tamén porque é un referente para que a xente acuda ó centro histórico e iso beneficia ó comercio e á hostalería lucense”. Méndez explicou que por ese motivo considerouse necesario tratar o tema na Mesa de Comercio na que “todos amosaron a súa preocupación e interese en que se manteña o Centro de Especialidades” e engadiu que “de feito hai asociacións que están levando a cabo actividades para solicitar que permaneza no centro histórico de Lugo”.

 

Multimedia

Noticias relacionadas