A Mesa Local de Comercio dá luz verde a iniciativas da Federación de Comercio, Lugocentrum e Autónomas para dinamizar o sector

Mércores, 29 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Mesa Local de Comercio dá luz verde a iniciativas da Federación de Comercio, Lugocentrum e Autónomas para dinamizar o sector

A Mesa Local de Comercio de Lugo reuniuse este mércores no Salón de Plenos do consistorio, unha sesión presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, na que se deu luz verde a tres iniciativas impulsadas por outros tantos colectivos da cidade co fin de dinamizar o sector.

Trátase, por unha banda, da presentada pola Federación de Comercio para levar a cabo actuacións promocionais, publicitarias e de fidelización dirixidas ao pequeno e mediano comercio para dinamizalo, potenciar a súa plena competitividade e incentivar as ventas. Por outro lado, Lugocentrum plantexou a dinamización e revitalización do sector comercial no centro da cidade con campañas promocionais e publicitarias para a captación de asociados e incentivación da demanda comercial e o fomento do consumo, así como campañas conxuntas de fidelización de asociados e de impulso da súa actividade empresarial co fin de mellorar a súa competitividade. Pola súa banda, a Asociación de Autónomas solicitou informe favorable para a organización da VII Feira de Oportunidades, que terá lugar entre os días 14 e 16 de outubro.

Unha vez aprobadas pola Mesa de Comercio, as tres iniciativas deberán pasar pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta.

Noticias relacionadas