Méndez supervisa o acendido do primeiro paso de peóns intelixente, na Rolda do Carmen, para maior seguridade de ciclistas e peregrinos

O sistema advirte aos condutores cando cruzan os peóns con placas lumínicas que se activan con pouca luz ou de noite, e aos ciclistas con bandas de luz vermellas situadas no carril bici.

A alcaldesa de Lugo sostén “que con esta intervención aumentamos á seguridade nunha zona cun alto valor patrimonial e con gran potencialidade no Xacobeo 2021”.

Xoves, 27 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Méndez supervisa o acendido do primeiro paso de peóns intelixente, na Rolda do Carmen, para maior seguridade de ciclistas e peregrinos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez supervisou onte a noite o acendido do primeiro paso de peóns intelixente lumínico de Lugo, instalado na Rolda  do Carme. O mesmo mellora a seguridade dos peóns e dos ciclistas, xa que por esta vía se está a executar o carril bici, así como dos peregrinos, porque une os tramos do Camiño Primitivo que atravesa esta avenida e que cortaba a medianera.

O sistema elixido advirte aos condutores do paso de peóns con placas de luz blancas LED implantadas no asfalto, que se acenden só cando cruzan as persoas. Actívase de noite ou cando hai pouca luz diúrna, para evitar a contaminación lumínica permanente. Ademais, avisa aos ciclistas do paso de peóns, neste caso día e noite de maneira constante, con bandas de luz vermellas implantadas no mesmo carril bici.

Tamén se accionan as sinais verticais luminosas, que complementan ás sinais que están a ras de chan.

“Con esta intervención aumentamos a seguridade e protexemos á cidadanía nun espazo que agora é un risco, especialmente para os peregrinos. Estamos a falar dunha zona cun alto valor patrimonial debido á súa concorrencia co traxecto do Camiño Primitivo e pola proximidade que mantén coa Muralla e co Casco Histórico, e non podemos esquecer que se trata dun emprazamento transitado e turístico co con gran potencialidade no Xacobeo 2021”, sinalou a alcaldesa.

A obra está incluída no proxecto de mellora, humanización e sinalización do Camiño Primitivo e da Vía Romana XIX ao seu paso polo barrio do Carme, intervención na que se invisten 280.000 euros. O proxecto enmárcase na estratexia do executivo de Lara Méndez, DUSI Muramiñae, cofinanciada cos fondos europeos, cuxa finalidade é integrar o Miño na cidade a través do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sostible e máis integradora.

Multimedia

  • Méndez supervisa o acendido do primeiro paso de peóns intelixente, na Rolda do Carmen, para maior seguridade de ciclistas e peregrinos

Noticias relacionadas