Méndez impulsa o coñecemento do patrimonio de Lugo cunha aplicación interactiva que permite un percorrido pola súa historia

A alcaldesa presentou esta ferramenta, con 1.400 elementos de información, que mistura a fotografía real e histórica para que os usuarios desenvolvan itinerarios personalizados.

A aplicación foi elaborada polo alumnado do obradoiro ‘InteracTICvate’ que se impartiu no CEI Nodus co fin de impulsar a súa cualificación profesional e inserción laboral

Inclúe planimetría que pode ser de interese para os urbanistas.

Martes, 16 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Méndez impulsa o coñecemento do patrimonio de Lugo cunha aplicación interactiva que permite un percorrido pola súa historia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe unha aplicación interactiva que permitirá aos usuarios ir percorrendo, a través do extenso fondo documental fotográfico municipal, a trama urbanística da cidade e a súa evolución desde a época medieval á moderna.

A aplicación ‘Lugo na memoria’, coa que o rexedora quere “pór en valor de xeito atractivo a enorme riqueza patrimonial e cultural co concello”, recolle tres itinerarios: o que segue o trazado do Camiño Primitivo (desde a Porta de San Pedro a Porta de Santiago); outro que parte de Obispo Aguirre e sae por San Fernando, e o terceiro que recolle a ampliación urbanística do século XIX (Progreso, Estación).

Cun formato baseado en fotografía panorámica e en 3D e que mistura fotografía real e histórica, a aplicación inclúe un mapa que permite ao usuario unha maior interacción para que poida desplazarse ao punto que desexe, realizando paradas en puntos de información onde se explican 360 espazos e edificios emblemáticos elixidos na cidade. Ademais, inclúese planimetría que pode ser de intereses tamén para os urbanistas.

A aplicación subirase á web do Concello de Lugo nuns días, e desde ese enlace poderase utilizar tamén a través dos teléfonos móbiles e con gafas de realidade virtual.

A alcaldesa destacou a importancia desta iniciativa porque “permite que tantos os e as lucenses como as persoas que nos visitan coñezan como eran os actuais emprazamentos noutras épocas históricas, mellorando así a experiencia recibida e contribuíndo á difusión do noso enorme patrimonio local”.

Lara Méndez presentou a aplicación acompañada polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, e polos alumnos e alumnas que desenvolveron esta aplicación. O traballo formou parte da súa formación no obradoiro de emprego ‘InteracTICvate’ que se impartiu no CEI Nodus co fin de impulsar a cualificación profesional e a inserción laboral dos seus participantes. Os alumnos realizaron as reportaxes fotográficas, o traballo de documentación e os contidos da aplicación, así como a súa edición.

Tanta a rexedora como o concelleiro felicitaron ao equipo de traballo e aos seus titores polo gran traballo realizado.

Audio

Multimedia

  • Méndez impulsa o coñecemento do patrimonio de Lugo cunha aplicación interactiva que permite un percorrido pola súa historia

Noticias relacionadas