Méndez destaca na proxección do documental de homenaxe a Alonso Montero a súa etapa en Lugo, “os 16 mellores anos da miña vida”, dixo o galeguista

Xoves, 07 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Méndez destaca na proxección do documental de homenaxe a Alonso Montero a súa etapa en Lugo, “os 16 mellores anos da miña vida”, dixo o galeguista

A Alcaldesa, Lara Méndez, presentou este xoves no auditorio do Vello Cárcere o documental Cidadán Alonso Montero, o Mestre das Palabras, xunto ao autor do traballo audiovisual, Xan Leira, e o protagonista do mesmo, o “galeguista, polígrafo, filólogo, sociolingüista, mestre e marxista” Xesús Alonso Montero, tal e como o definiu a rexedora. O filme, co que colabora o Concello, está centrado na faceta pedagóxida do profesor, contada polos seus alumnos e alumnas, unha labor destinada a formar unha sociedade de cidadáns libres, autónomos e con capacidade crítica para reaccionar ante as inxustizas que a vida leva consigo. Lara Méndez destacou a importante etapa que pasou Alonso Montero en Lugo, “os 16 mellores anos da miña vida, os anos das esperanzas políticas no sentido moral, porque todos somos políticos, aínda que non ocupemos cargos institucionais”, subliñou o propio autor.

Noticias relacionadas