As melloras das instalacións deportivas de Viana do Castelo e do polideportivo da Piringalla xa están rematadas

Martes, 21 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde e o Concelleiro de Deportes visitan estas novas istalacións

O Concello de Lugo investiu máis dun millón e medio de euros en mellorar as instalacións deportivas da cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, visitarán esta tarde as obras realizadas nas intalacións deportivas da Praza de Viana do Castelo e do polideportivo de A Piringalla.

A mellora da zona deportiva da Praza de Viana do Castelo contou cun investimento de 57.500 euros. Nesta zona levaronse a cabo labores de acondicionamento do terreo, construción de novos peches perimetrais e o montaxe dunha pista de céspede artificial. As novas instalacións acondicionadas poderánse utilizar, entre outras actividades, para a práctica de fútbol. Pero ademais, o Goberno Local pretende que sirva como lugar de encontro para os rapaces da zona. Para manter as instalacións en perfecto estado, non se permitirá o acceso ao recinto en moto nin bicicleta.     

O Alcalde e o Concelleiro visitarán tamen o polideportivo municipal de A Piringalla, onde recentemente se realizou o cambio do pavimento por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico por un importe de 54.185 euros. O Concello instalou esta pista importada de Estados Unidos que foi utilizado nos últimos campionatos do mundo de hockey. Este pavimento é compatible coa práctica doutros deportes, polo que as instalacións continuarán abertas a todos os deportistas que desexen practicar no pavillón.

As obras foron realizadas por Calfensa e Genial Solutions.

Estas melloras forman parte das obras realizadas polo Concello de Lugo ao longo do ano e nas que se investiron un un total de 1.510.200 euros, unha cantidade que demostra o apoio do Goberno Local ao deporte lucense e a súa aposta polo deporte de base. O obxectivo do equipo de Goberno é proporcionar aos deportistas lucenses as instalacións coas mellores condicións para a práctica das súas disciplinas.

Noticias relacionadas