Medio Rural renova o asfaltado dunha estrada municipal na parroquia de Poutomillos

Os traballos de rexeración do firme, que tiveron un custo de 58.369 euros, incluíron o aglomerado en quente da calzada, a limpeza das beiravías e a reposición da sinalización vertical e horizontal.

Martes, 28 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural renova o asfaltado dunha estrada municipal na parroquia de Poutomillos

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, anunciou hoxe o remate dos traballos de rexeneración e mellora da estrada municipal que vai da LU – P 2901 e volve ata a mesma en Poutomillos – cunha extensión aproximada de 2 quilómetros - cos que o Executivo de Lara Méndez pretende incrementar a seguridade viaria na zona e acondicionar os accesos ás vivendas desta parroquia.

“Estas obras son mostra da aposta decidida do Goberno local por aumentar a calidade das infraestruturas dos núcleos e favorecer, así, o asentamento de poboación, pulando pola calidade de vida da veciñanza que reside neles ao tempo que abordamos a conservación e o mantemento das dotacións públicas”, indicou o edil.

Fernández indicou que os labores, que comenzaron a pasada semana, remataban este luns coa execución do asfaltado con aglomerado en quente. Unha intervención que supuxo un investimento de 58.369 euros e que foi financiada con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial.

As tarefas, segundo referiu o responsable de Medio Rural, consistiron na limpeza das beiravías, no arranxo do firme, asi como na reposición da sinalización vertical e horizontal.

Noticias relacionadas