Medio Rural inicia traballos de mellora de viais dende Vilanova a San Miguel, cun investimento total de 79.970,02 euros

Mércores, 12 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inicia traballos de mellora de viais dende Vilanova a San Miguel, cun investimento total de 79.970,02 euros

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou as obras de mellora e rexeneración de firme na carretera municipal dende Vilanova a San Miguel, parroquias de Santa Eulalia de Boveda e Bacurin, cun investimento total de 79.970,02 euros.

As tarefas inclúen a limpeza das cunetas e o aglomerado en quente do firme, a construción de bases de contenedores e a sinalización vertical. O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, explicou que “estas vías soportan un alto nivel de tráfico e eran necesarias ditas actuacións xa que dita carretera cruza os nucleos de Vigo de Bacurin e Vilanova e comunica dúas estradas provinciais, a LU-P2901 e LU-P2923” dando resposta á súa vez a peticións veciñais.

Noticias relacionadas