Medio Rural executa o asfaltado de tres estradas en Vilastévez, Bagueixos e o Cuco

As obras, que teñen un custo total de 60.850’63 euros, servirán para mellorar a seguridade da rede viaria en varios núcleos, entre eles, o polígono do Ceao

Mércores, 22 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural executa o asfaltado de tres estradas en Vilastévez, Bagueixos e o Cuco

O concelleiro de Medio Rural anunciaba esta mañá a execución, esta mesma semana, de varias actuacións na rede viaria do municipio. Trátase da renovación do firme mediante aglomerado en quente en tres estradas que, polo tránsito que rexistran e polo deterioro que padecen, precisaban dunha reparación urxente”, indicou Miguel Fernández.

O edil explicou que os traballos, que se están acometendo esta semana, tiveron un custo total de 60.850’63euros

“As intervencións tiñan por obxecto mellorar as comunicacións de varios núcleos nos que, coas obras desenvolvidas, se garante a seguridade da circulación en puntos tan transitados do termo municipal como pode ser a vía de servizo ao Cuco, na parroquia de Santo André de Castro (15.721’42 €), na LU -P -2091 a Vilastévez (San Xoan do Alto), que xa quedou onte arranxada (22.763’25 €) ou a estrada que comunica Bagueixos coa rúa da Insdustria (22.365’96 €), no Ceao, e que se atopaba realmente moi danada debido ao paso continuado tanto de turismos como de vehículos pesados que se desprazan por ela a diario para chegar ao polígono, polo que a súa mellora será moi apreciada non só entre os residentes da contorna senón tamén por tódolos usuarios que a frecuentan”.

O responsable de área lembrou así mesmo que este investimento, xunto a outros similares e xa realizados, “obedece a compromiso do goberno local de dotar de servizos ao rural, atendendo as demandas que nos fai chegar a veciñanza e que redundarán na súa comodidade”, concluíu o concelleiro.

Audio

  • O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras en Vilastévez, Bagueixos e o Cuco | Descargar mp3

Noticias relacionadas