Medio Rural destina 141.000 € a mellorar os accesos aos núcleos de Santa María Alta, Matelo e Ribas de Miño

A Xunta de Goberno autorizaba esta semana a contratación dos labores que, unha vez adxudicados, terán un prazo de execución de dous meses.

Miguel Fernández, anunciou hoxe tamén a finalización dos traballos de acondicionamento da N-540 á estrada de Bazar e da N-540 ao núcleo de O Corral de Abaixo, na parroquia de Calde.

Xoves, 23 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural destina 141.000 € a mellorar os accesos aos núcleos de Santa María Alta, Matelo e Ribas de Miño

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, mellorá os accesos as núcleos de Santa María Alta e Matelo e tamén da parroquia de Ribas de Miño partindo da pista de Argonde e atravesando o lugar de Vilachá, onde a obra alcanzará, neste caso, non só á estrada principal senón tamén aos camiños que conducen ás vivendas e á Igrexa.

A Xunta de Goberno vén de autorizar a contratación dos traballos, orzamentados en 81.734 € e 59.543 euros, respectivamente, e cos que o Executivo de Lara Méndez  “pretende materializar o compromiso adquirido coa veciñanza da zona rural de ir mellorando progresivamente as infraestruturas do municipio, atendendo todas aquelas demandas que nos fan chegar”, sinalou Miguel Fernández.

O concelleiro explicou que os labores previstos - que unha vez adxudicados terán un prazo de execución de dous meses - incluirán a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, “xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixe á súa rehabilitanción urxente”, referiu o edil.

Fernández aproveitou tamén para anunciar a finalización, esta mesma semana, das tarefas de acondicionamento realizadas na N-540 á estrada de Bazar e na N-540 ao núcleo de O Corral de Abaixo, na parroquia de Calde, aos que a área de Medio Rural destinou 53.486 euros, achegados con cargo ao Plan Único do ano 2021.

“Unha intervención que se realiza para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que nos fixeron chegar as persoas residentes na zona”, engadiu o responsable da área.

Miguel Fernández avanzou, así mesmo, que nos vindeiros días tamén se realizarán melloras noutras estradas como a da LU-P-2903 ao Rego do Mera, na parroquia de Vilachá de Mera, ou a da LU-P-2903 a Prógalo e en Poutomillos á que sucederá a prevista na N-640 a Pedreda, que se sumarán á xa realizada na estrada de Conturiz a Cardoso, nas parroquias de Santo André de Castro e San Mamede dos Anxos.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as melloras de Sta. María Alta, Ribas de Miño e Calde | Descargar mp3

Noticias relacionadas