Medio cento de persoas descubren Lugo vivindo a súa historia cun paseo guiado por Paulo Fabio Máximo

Sábado, 14 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio cento de persoas descubren Lugo vivindo a súa histoira cun paseo guiado por Paulo Fabio Máximo

Medio cento de persoas descubriron Lugo este sábado vivindo a súa historia cun paseo guiado por Paulo Fabio Máximo, unha actividade enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral MMXVIII, organizada polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica do municipio, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xuño.

O fundador de Lugo, acompañado de dous lictores e un castrexo, guiou a andaina polo casco histórico de Lugo, facendo un paseo pola Muralla e unha visita ao Porta Miñá, para baixar polo Regueiro dos Hortos ata as Termas, onde tivo lugar unha ofrenda ás ninfas.

Esta é unha das novidades do Arde Lvcvs Cvltvral, que se volverá a repetir o sábado 12 de maio e o sábado 9 de xuño. Ambos os dous días, a saída é as 17:00 horas dende o Miliario da Praza Armañá. Todas as persoas interesadas en participar deben anotarse no 010 ou no teléfono 982-29-73-50 para os de fóra de Lugo. A actividade é de balde.

Multimedia

  • Medio cento de persoas descubren Lugo vivindo a súa histoira cun paseo guiado por Paulo Fabio Máximo

Noticias relacionadas