Medio cento de alumnos e alumnas do colexio María Auxiliadora visitaron a Casa Consistorial

Ana Prieto recibiu este venres no Salón de Plenos aos cativos e cativas que cursan segundo de primaria neste centro educativo

Venres, 20 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O colexio María Auxiliadora visita a Casa Consistorial

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este venres no Salón de Plenos do Concello a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense María Auxiliadora, que viñan acompañados de 4 profesores.
Os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 7 anos de idade, entregáronlle unha carta á Concelleira na que lle deron conta das súas suxestións. Os nenos e nenas, que se mostraron interesados polos espazos naturais de Lugo, demandaron máis hortos urbanos na cidade. Entre as súas peticións tamén figuraba a instalación de parques infantís adaptados e un carril bici.

Multimedia

  • O colexio María Auxiliadora visita a Casa Consistorial

Noticias relacionadas