Medio Ambiente subsana o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato

A intervención consiste fundamentalmente no arranxo dun pozo conectado ao tanque de tormentas sito na contorna

Venres, 19 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente subsana o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato

A concellería de Medio Ambiente está a subsanar estes días o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato.

“Unha vía que dá servizo aos residentes da zona pero tamén a toda a veciñanza da contorna que emprega esta estrada para baixar á beira do río a camiñar ou practicar deporte”, sinalou Álvaro Santos.

O edil explicou que a intervención daba comezo esta semana logo de detectarse unha vertedura de augas residuais que podería estar afectando tamén ao tanque de tormentas que abrangue esta parte da cidade “que, de por si, conta ademais cunha orografía moi complexa”.

“Tras comprobar o estado no que se atopaban as canalizacións e localizar a orixe exacta da que partía a avaría, procedeuse á súa reparación que consistiu, fundamentalmente, na apertura dunha gabia, a substitución dun tramo da tubaxe e o arranxo do pozo de saneamento”, relatou o concelleiro.

“Traballos entre os que se inclúe tamén a reposición do firme deste camiño, xa bastante deteriorado, e cos que agardamos deixar solucionado definitivamente esta incidencia para que non teña repercursión tampouco no resto da rede municipal”, concluíu Santos Ramos.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a reparación do saneamento na Avenida das Fontiñas | Descargar mp3

Multimedia

  • Medio Ambiente subsana o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato
  • Medio Ambiente subsana o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato

Noticias relacionadas