Medio Ambiente procede este sábado, a primeira hora, ao peche dos parques da cidade ante unha alerta laranxa por ventos fortes

A área de Medio Ambiente procederá na mañá do sábado ao peche dos parques da cidade, logo de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía informase no boletín das 23:22 horas do venres dun fenómeno meteorolóxico adverso laranxa por ventos que afectará dende as primeiras horas da xornada do 21 de decembro, a toda a comunidade autónoma de Galicia por ventos do SW con refachos de ata 110 km/hora e que pasará a nivel vermello a primeiras horas da tarde nos ámbitos xeográficos da Mariña de Lugo e Noroeste da Coruña onde poderán alcanzarse refachos máximos de ata 140 km/hora.

Sábado, 21 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concelleiro Álvaro Santos fai un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten as limitacións decretadas, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade e recomenda, igualmente, non visitar o resto de zonas verdes municipais ata que se desactiven as alertas na capital, na madrugada do día 22.

Noticias relacionadas