Medio Ambiente non recibiu ningunha petición para recoller os enseres que apareceron depositados en Esperante e anima á veciñanza a facer uso deste servizo de recollida gratuito

Medio Ambiente pide ó PP màis rigurosidade e que se informe, xa que é evidente que non coñece, o funcionamento dos servizos municipais, antes de facer críticas sen ningún tipo de fundamento

A Concellería lembra que o servizo de recollida de residuos que presta o Concello de Lugo é totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada ao teléfono de Urbaser, 982-25-44-83

A maiores deste servizo, a cidadanía de Lugo tamén poden levar os seus mobles e enseres vellos particularmente e de xeito totalmente gratuíto ao Punto limpo do Concello

Martes, 07 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a Concellería de Medio Ambiente exixen ao PP máis rigurosidade e que non intenten confundir á cidadanía en relación ás declaracións que facian estos días dos resudios sin recoller na parroquia lucense de Esperante, posto que non houbo ningunha petición para recoller os enseres que apareceron depositados. Ademáis de recalcar que o PP debería coñecer o funcionamento dos servizos municipais ou a lo menos molestarse en preguntar, antes de facer críticas sen ningún tipo de fundamento.

Neste senso, a Concellería lembra que o servizo de recollida de residuos que presta o Concello de Lugo é totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada ao teléfono de Urbaser, 982-25-44-83. No momento de recibir a petición, o servizo indícalle ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer. A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación a demanda.

A Concellería de Medio Ambiente ten en marcha este servizo, que é cada vez máis demandado, para que os veciños e veciñas poidan desfacerse de aqueles mobles ou enseres que xa non necesitan e para evitar o impacto visual nas rúas ou parroquias polo abandono deste tipo de residuos. Dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida.

A maiores deste servizo, a cidadanía de Lugo tamén poden levar os seus mobles e enseres vellos particularmente e de xeito totalmente gratuíto ao Punto limpo do Concello, teléfono 982-20-95-60, que está situado no polígono do Ceao, na Rúa dos Carros.O horario de apertura é deluns a sábados, de 10:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. Pódese acceder con vehículo propio para depositar unha gran variedade de residuos domésticos.

Noticias relacionadas