Medio Ambiente mellora a seguridade peonil nas pasarelas de madeira coa instalación de 1.500 metros de malla antiesvarante

As tarefas, que teñen un custo de 7.555 euros, se executarán estes días nas dotacións municipais dos sendeiros de Ombreiro, do Río Miño e dos Muíños.

Venres, 26 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente mellora a seguridade peonil nas pasarelas de madeira coa instalación de 1.500 metros de malla antiesvarante
A área de Medio Ambiente procede estes días á substitución das mallas antiesvarantes que recobren as pasarelas de madeira nos sendeiros locais.

En total, empregaranse 1.576 m. de rede de triplo torsión galvanizada que se fixarán á superficie dos paseos peonís para evitar posibles escorregamentos e caídas derivadas da presenza de follas ou de humidade sobre a tarima.

O edil Álvaro Santos supervisaba hoxe a súa colocación que se desenvolverá, se as condicións climatolóxicas así o permiten, durante os vindeiros días.

“As tarefas, que teñen un custo de 7.555 euros, obedecen á necesidade de repoñer as dotacións actuais, xa moi deterioradas polo paso do tempo e pola afluencia de viandantes que frecuentan estes itinerarios. Executaranse nas pontellas municipais da ruta de Ombreiro ao completo; na ponte que hai antes de chegar á Estación Depuradora de Augas, no sendeiro do Río Miño; e tamén no roteiro de Os Muíños, ata chegar ao Muíño de Abelleira, xa que o resto do tramo é de titularidade autonómica”, explicou o concelleiro.

Santos Ramos sinalou, igualmente, que a intervención, que rematará previsiblemente a finais da vindeira semana, forma parte dos labores de conservación e mantemento que Medio Ambiente realiza de forma ordinaria, durante todo o ano, dende o servizo de Parques e Xardíns.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a substitución das mallas, nas pasarelas de madeira | Descargar mp3

Noticias relacionadas