Medio Ambiente conclúe a mellora ornamental da Praza Maior coa colocación de máis de 3.500 plantas e flores nos seus xardíns

A actuación compleméntase coa recente creación dun espazo dedicado a Xoan Montes que proximamente se abrirá ao público

Mércores, 27 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente conclúe a mellora ornamental da Praza Maior coa colocación de máis de 3.500 plantas e flores nos seus xardíns

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil de Medio Ambiente, supervisaban esta mañá a colocación da nova ornamentación floral da Praza Maior.

Uns traballos que se enmarcan dentro da campaña de primavera, que atinxe a toda a cidade pero cos que, nesta contorna, o executivo de Lara Méndez completa a mellora dunha das zonas verdes máis emblemáticas do Casco Histórico coincidindo coa próxima apertura ao público dun espazo dedicado a Xoan Montes, nunha homenaxe ao compositor lucense deseñada polo executivo durante o mandato pasado.

As tarefas, que rematarán esta mesma xornada, consistiron na reposición de 3.500 plantas e flores de diferentes especies como begonias, petunias, alegrías, xeranios ou coleos que, sen dúbida, encherán de cor a paisaxe deste enclave urbano.

Noticias relacionadas