Medio Ambiente comezará no día de mañá, a limpeza integral no barrio de A Estación

Mércores, 11 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente comezará no día de mañá, a limpeza integral no barrio de A Estación

O dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha polo executivo de Lara Méndez desprazarase mañá, xoves, ao barrio de A Estación, informaba a área de Medio Ambiente, dirixida por Miguel Fernández, “trátase de facer unha limpeza xeral, a fondo, para ter unha cidade máis limpa e agradable para todas e todos os lucenses” apuntaba o edil.

O Plan de limpeza integral de barrios someterase a unha limpeza xeral, ca finalidade de chegar a todos os recunchos, pretendendo ampliar e reforzar aínda máis os servizos ordinarios de limpeza e que o barrio esté máis limpo  incluíndo nas tarefas o baldeo e varrido de rúas públicas e bordos, o aseo dos contenedores e o mobiliario urbano, posta a punto das zonas verdes incluíndo a sega e perfilado do céspede, desherbado dos camiños e as plantas de flor, así como a roza e limpado dos alcorques das árbores.

Tras rematar nesta contorna, os traballos continuarán en Barrio Feijoó, Paradai, Frigsa, San Lázaro - A Ponte, A Louzaneta, Inmediacións do HULA e Montirón - San Fiz. O edil de Medio Ambiente pediu responsabilidade colectiva en prol do civismo e respecto para o mobiliario urbano da cidade, “que é patrimonio de toda a cidadanía”.

Noticias relacionadas