Medio Ambiente acomete unha limpeza e desinfección intensiva na Milagrosa para colaborar no control do foco de covid

Ao operativo, baseado nos protocolos COVID que o Concello vén aplicando dende o inicio da pandemia, sumáronse medios técnicos e humanos que reforzaron, dende primeira hora do día, o dispositivo de traballo habitual na zona

Sábado, 29 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente acomete unha limpeza e desinfección intensiva na Milagrosa para colaborar no control do foco de covid

A área de Medio Ambiente levou a cabo está mañá unha limpeza e desinfección intensiva do barrio da Milagrosa para colaborar no control do foco de coronavirus que nos últimos días se detectou na capital.

O concelleiro Álvaro Santos informaba de que no operativo, baseado nos protocolos COVID que se veñen aplicando no municipio dende o inicio da pandemia, foron empregados medios técnicos e humanos cos que se reforzaron os labores habituais de aseo da cidade. Así, “sumáronse á brigada dous peóns máis, provistos de equipos de desinfección, xunto a unha varredora, unha baldeadora e unha hidrolimpadora de beirarrúas que, xa dende a primeira hora da xornada, se ocuparon de lavar e hixienizar tanto o pavimento como os diferentes elementos que compoñen o mobiliario urbano”, sinalou.

O edil referiu que as pautas para executar estes traballos extraordinarios “baseáronse no protocolo deseñado polo servizo de Medio Ambiente na orixe da pandemia, que se manteñen de forma ordinaria dende ese momento e contemplan a utilización de maquinaria e produtos específicos eficaces contra o virus mais sen resultar lesivos para a saúde.  A intervención abrangueu a esterilización do firme, fachadas, paradas e marquesiñas do bus, colectores, papeleiras, varandas e resto de dotacións que se atopan na vía pública”.

Santos Ramos incidiu, asemade, en que “independentemente desta e doutras medidas que se poidan poñer en marcha para frear os contaxios, convén que a cidadanía acate a restricións, siga sempre as indicacións das autoridades sanitarias e non se relaxe na adopción de hábitos de hixiene e protección individual”, concluíu o concelleiro.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a limpeza da Milagrosa | Descargar mp3

Multimedia

  • Medio Ambiente acomete unha limpeza e desinfección intensiva na Milagrosa para colaborar no control do foco de covid
  • Medio Ambiente acomete unha limpeza e desinfección intensiva na Milagrosa para colaborar no control do foco de covid
  • Medio Ambiente acomete unha limpeza e desinfección intensiva na Milagrosa para colaborar no control do foco de covid

Noticias relacionadas