María Solar, de cata literaria no MIHL

Esta é a segunda cita desta programación organizada polo Concello, que como en anteriores ocasións engloba literatura, con degustación de tapas da gastronomía lucense e música

Xoves, 14 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
María Solar, de cata literaria no MIHL

A xornalista María Solar, de cata literaria este xoves no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Esta é a segunda cita desta programación organizada polo Concello, que como en anteriores ocasións engloba literatura, con degustación de tapas da gastronomía lucense e música; que arrincou o pasado mes con Yolanda Castaño. A maiores, estes eventos contemplan degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium.

María Solar é escritora e coordinadora de cultura da Televisión de Galicia e da Radio Galega; encargada de presentar e dirixir o programa cultural ZigZag fin de semana na TVG. A literatura é a súa outra pasión xunto ao periodismo. As súas novelas teñen como público destinatario tanto a adultos como o de todas as idades. A súa obra, escrita orixinalmente en galego, pódese ler tamén en castelán e catalán, e foi traducida internacionalmente ao polaco, agardando ser traducida ao italiano, portugués, chino e filipino. Acompaña a esta segunda cita a música do violinista Hugo Rodríguez.

A seguinte cata literaria terá lugar o 2 de maio, ás 20:00 horas, tamén nas instalacións do MIHL. Correrá a cargo de Marta Robles, licenciada en Ciencias da información, con máis de 30 anos exercendo a súa profesión en todo tipo de medios. Comezou a súa carreira na revista Tiempo e dende aquelas colabora en distintas publicacións. En televisión traballou en Canal 10, TVE, Tele 5, Antena 3 e Telemadrid, entre outras, e en radio dirixiu e presentou programas en Radio Intercontinental, Cadena Ser, Onda Cero ou EFE Radio. Autora de 7 libros de no ficción, actualmente colabora en La Razón, La Gaceta de Salamanca ou Espejos Público, entre outros.

Noticias relacionadas