Manuel Núñez participa nas xornadas sobre a convivencia e resolución pacífica de conflitos nos centros educativos

O Concello de Lugo, a través do programa municipal Vivir Xuntos Convivir, levou a cabo estas actividades que afondan na mellora da convivencia no ensino

Sábado, 16 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, participou no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra no acto de presentación do libro Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia, a cargo de Pedro Uruñuela, profesor de Filosofía, Inspector de Educación de Madrid e Subdirector Xeral da Alta Inspección do Ministerio de Educación Ciencia, dende o 2004 e 2008.

 Outra das actividades que se realizou consistiu nunha xornada de formación para o profesorado sobre Aprendizaxe e Servizo, a cargo do mesmo poñente. Esta sesión tivo lugar nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico.

 O Concello de Lugo, a través do programa municipal Vivir Xuntos Convivir, levou a cabo ao longo desta semana estas actividades en favor da convivencia e resolución pacífica de conflitos nos centros educativos.

Noticias relacionadas