Manuel Lombao encende o San Froilán 2018 celebrando o Lugo de hoxe, sen esquecerse do da súa infancia

A Alcaldesa presentou ao pregoeiro e convidou á cidadanía a gozar dos festexos, que inclúen máis de 280 actividades. Mañá día do San Froilán, Lara Méndez presidirá a ofrenda 

Venres, 05 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Manuel Lombao encende o San Froilán 2018 celebrando o Lugo de hoxe, sen esquecerse do da súa infancia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este xoves ao pregoeiro do San Froilán 2018, Manuel Lombao, nomeado pola Comisión de Festas no mes de maio. Na presentación, a rexedora que falou do pregoeiro como entusiastas das ondas da radio e pioneiro deste medio en Lugo, lembrou a traxectoria profesional de Lombao, encargado dun programa musical novidoso por aquel entonces: Aquí la Juventud, e tamén dende a tele, como comentarista de actos institucionais da Casa Real, Forzas Armandas ou como presentador de Parlamento durante 8 anos

Antes de rematar, Lara Méndez convidou á cidadanía a gozar das festas, das inigualables cores do outono, e do bo ambiente que se respira na cidade, emprazándoos aos máis de 280 actos do programa e a gozar do mellor patrimonio de Lugo: a súa xente.

Ata o vindeiro día 12 celebraranse unhas 280 actividades. Mañá venres, día de San Froilán, ás 11:00 horas, terá lugar a apertura da feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. A Corporación Municipal realizará un ano máis a ofrenda a San Froilán, ás 12:00 horas, acompañados pola agrupación Campeiros de San Xoán do Campo. Ao finalizar, Lucus Ensemble, Pilocha e Lis Latas actuarán na Praza de Santa María. Durante o día haberá pasarrúas a cargo de Trastiños de Castelo, Devandoira Infantil, Os Amigos de Manolo, A Excusa, Garrafón.com; Airiños de Orbazai, Os Festicultores e Louband. Skintinght e Vrásica amenizarán as sesións vermú na Rinconada do Miño e en Campo Castelo, respectivamente. Unha verbena galega d`antes, o concerto de La MODA e o de Zenet, actuacións de hip hop e un espectáculo piromusical completan a programación do día do patrón.

Tras o pistoletazo de saída das festas patronais luguesas, tivo lugar o concerto de Los Gofiones. Os actos para a xornada inaugural do San Froilán inclúen tamén a actuación da Orquestra Sondeseu, con Vanesa Muela Xuacu Amieva, Luis Peixoto como convidados, e unha actuación do coelctivo ALAS, así como a verbena a cargo da orquestra Panamá, a noite sabinera da mán de La Penúltima e unha sesión con La Duendeneta.

Manuel Lombao, que asinou no Libro de Ouro do Concello, ofreceu un pregón celebrando o Lugo de hoxe, sen esquecerse do da súa infancia. 

Documento

Noticias relacionadas