Manuel Francisco Reina defendeu a liberdade do ser humano no MIHL coa súa obra Los amores oscuros

Ana Prieto presentou a este novelista, poeta, guionista, crítico literario e dramaturgo, que escribiu a novela que recrea o amor entre Lorca e Juan Ramírez de Lucas

Xoves, 12 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Manuel Francisco Reina defendeu a liberdade do ser humano no MIHL coa súa obra Los amores oscuros

O escritor Manuel Francisco Reina foi este xoves o protagonista da quinta cata literaria do Museo Interactivo da Historia (MIHL). A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presentou a este novelista, poeta, guionista, crítico literario e dramaturgo, natural de Jerez de la Frontera, é autor de Los amores oscuros, a novela que recrea o amor entre Lorca e Juan Ramírez de Lucas.

Este libro trata de eliminar os prexuízos e defender as liberdades que teñen que acompañar ao ser humano. Tamén trata a intelixencia moral e intelectual de Lorca, facéndoa ver como unha vida normal, como a de calquera persoa.

Nestas catas literarias, que teñen lugar o segundo xoves de cada mes ata xuño, tamén houbo gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. As tapas correron a cargo do Restaurante Antas e a música foi do dúo de arpa e contrabaixo Cidalia.

Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade puxeron á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes puideran mercalos e os asinou o propio autor.

A vindeira cata do mes de xuño, que se celebrará o día 9 a partir das 20:00 horas, correrá a cargo de Álex Alonso, gañador dos premios Ánxel Fole do Concello da pasada edición.

Multimedia

Noticias relacionadas