Mans rosas na Praza Maior para apoiar a enfermas de cancro de mama

A Alcaldesa, xunto a outros membros da Corporación, colectivos sociais, afectadas da doenza e veciños e veciñas, participaron neste acto de sensibilización, organizado por AECC, coa colaboración do Concello e o  Grupo El Progreso

Venres, 19 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mans rosas na Praza Maior para apoiar a enfermas de cancro de mama

Con motivo do Día Contra o Cancro de Mama, a Praza Maior acolleu este venres un emotivo acto, organizado pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Lugo, o Grupo El Progreso e o Concello.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, a presidenta da AECC de Lugo, María Luz Abella, e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, participaron neste acto de sensibilización, xunto a outros membros da Corporación Municipal, diversos colectivos sociais, afectadas da doenza e veciños e veciñas; que se puxeron unhas luvas rosas para apoiar a enfermas deste cancro, do que se detectaron 32.825 novos casos no que vai de ano.

O relato dunha emocionada pero positiva Noelia, á que lle detectaron en xaneiro o cancro, acompañada da súa filla pequen de 3 anos e da maior, de 8 anos, quen pediu apoio para todas as enfermas; marcou a xornada, na que tamén se repartiron lazos rosas identificativos da loita contra esta enfermidade, se formou un lazo con testos de flores rosas e se izou no no balcón do consistorio unha lona conmemorativa. Os actos reivindicaron manter unha sanidade pública, gratuíta e de calidade; así como investir en investigación.

Multimedia

  • Mans rosas na Praza Maior para apoiar a enfermas de cancro de mama

Noticias relacionadas