Mañá sábado celébrase en Lugo o Campionato da Liga Galega de Clubs e Espada

Venres, 25 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa do Deporte acolle o campionato da Liga Galega de Clubs de Espada o sábado 26 de maio e organizado polo Club Lugo Esgrima. Agárdase a participación de máis de corenta tiradores dos clubs de toda Galicia os que se suman deportistas de clubs asturianos. A partir das 10 da mañá, nas catro pistas dispostas no pavillón, comezarán as poules mixtas ou liguillas eliminatorias nas que os competidores de ambos sexos se enfrontarán entre eles. Xa pola tarde as eliminatorias directas separaranse en masculinas e femininas para rematar coas finais as seis da tarde, coa posterior entrega de trofeos.

Campionato de fútbol

O Concello de Lugo, en colaboración co S.C.D Residencia e a Escola de Fútbol Luis Calvo Sanz, organizan a IV Xornada Concentración da Categoría Biberón que se celebrará o 27 de maio no Campo A Cheda. Nel participan dez equipos de toda Galicia que competiran entre as 09:30 e as 14:00 horas.

Noticias relacionadas