Mañá a partir das 12 horas iniciase a fase de votación dos proxectos dos Orzamentos Participativos

En total 142 propostas de diferentes áreas municipais e que se poden consultar e votar na páxina web loop.lugo.gal

Martes, 02 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá mércores 3 de xuño a partir das 12 horas iniciase a fase de votación dos proxectos viables do proxecto Lugo Opina Orzamentos Participativos, tal e como informa a Concellería de Desenvolvemento Local.

Así, dende mañá e ata o martes 9 de xuño os cidadáns poderán entrar na web loop.lugo.gal e votar ás mellores propostas para que o Concello as leve a cabo nos próximos meses.

En total son 142 propostas repartidas nas áreas de Benestar Social e Igualdade, Cultura e Promoción da língua, Turismo, Xuventude, Deportes, Emprendemento, Educación, Infraestruras, Seguridade vial, Medio rural, Participación cidadá e Servizos Xerais, Mercado e comercio e Medio Ambiente. Deste total, 20 propostas correspondentes con Benestar Social e Medio Rural quedan fóra das votacións xa que se van a realizar igualmente.

O Concello de Lugo por primeira vez inviste unha partida de 500.000 euros dos Orzamentos para a realización do proxecto Lugo Opina Orzamentos Participativos que permite aos cidadáns decidir sobre as diferentes fases de execución de gasto coa achega de propostas e ideas para mellorar a cidade.

Noticias relacionadas