Mañá mércores 27 ábrese o prazo de solicitude para as subvencións das celebracións do Lume Novo

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo antes do 19 de xuño

Martes, 26 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, informa de que a partir de mañá mércores 27 de maio, estará aberto o prazo para a solicitude de subvencións para a celebración de Lume Novo nas parroquias, barrios ou núcleos de poboación do municipio de Lugo.

A  cantidade total establecida para esta actividade é de 8.500 euros, que se repartirá por igual entre todas as solicitudes presentadas. Só se concederá unha axuda por parroquia, barrio ou núcleo de poboación, e no caso de haber máis dunha solicitude, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Lugo antes do 19 de xuño de 2015 para o Lume Novo. As bases poden consultarse no BOP número 118 do 26 de maio de 2015. 

Noticias relacionadas