Mañá luns ábrese o prazo de matrícula para as actividades de verán das Casas das Línguas

Domingo, 16 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que mañá, luns día 17 de xuño, abrirase o prazo de matrícula para as actividades que haberá durante o verán nas Casas das Línguas.

A programación inclúe un curso de inglés básico intensivo que se impartirá nas dúas Casas das Línguas e será de catro horas semanais distribuídas en dous días.

Tamén se ofrecen actividades en inglés e manualidades para nenos pequenos (5-9 anos), familiares dos usuarios para darlles facilidades de asistencia ós cursos.

Estas actividades comezarán o día 1 de xullo. O período de matrícula estará aberto ata o día 30 de xuño.

Noticias relacionadas