Mañá elixiranse os tres gañadores do concurso de talentos "Ti si que chanas" organizado polo programa +XTi

Venres, 20 de xullo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concurso de talentos “Ti si que chanas” (Ti si que vales, na lingua caló) rematará mañá coa elección dos tres gañadores que se elixirán entre os oito finalistas que van actuar na gala.

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, asistirá á gala final que terá lugar no Centro de convivencia de Fingoi a partir das 16.30 horas.

Este concurso é unha das actividades organizadas pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude dentro do programa de Minorías +Xti.

O concurso, que tivo unha gran aceptación, desenvolveuse durante os últimos meses coa participación de grupos e artistas noveis de etnia xitana.

O xurado que valorará as actuacións e interpretacións dos oito talentos que chegaron á final estará composto polo mago Rafa, a profesora da escola de baile “Star Dance” Berta Figueiras e o actor Alberte Cabarcos.

Máis información do programa +Xti

Noticias relacionadas