Mañá comezan as presentacións en directo do CD Sons Lucus Records realizado por artistas lucenses

Luns, 21 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá sábado 19 de outubro ás 19:00 horas terá lugar na Praza de Santa María a primeira das cinco presentacións en directo do CD “Sons Lucus Records”. Dito CD foi gravado, mesturado e materializado en EC Estudios e nel inclúense dez grupos do Concello de Lugo. Ten como finalidade dar a coñecer o traballo realizado polos artistas lucenses.

Nesta primeira presentación actuarán os grupos El Cuarto Pasajero e Kike Ganso, segundo informan a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e Sons Galiza Música, no seu afán de que os músicos lucenses poidan expoñer o seu traballo diante do público e con medios profesionais.

Noticias relacionadas