Mañá comezan as actividades do programa +XTI 2015 na Casa da Xuventude

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá sábado 24 de xaneiro comezan as actividades do programa +XTI 2015 que se desenvolverán todos os sábados na Casa da Xuventude ata o 27 de xuño.

Luns, 26 de xaneiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Estas actividades dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos e de carácter gratuito comezaran en horario de mañá de 11 a 12 con break dance, de 12 a 13 horas serán clases de hip-hop e de 13 a 14 horas de acrosport. En horario de tarde comezan ás 16.30 e ata as 18.30 con parkour e entre as 18.30 e 20.30 serán actividades rotativas que se irán modificando segundo a demanda. Ademais tamén se ofrecerá capoeira, multideporte, cociña, defensa persoal, zumba ou boot camp.

Nestas actividades especiais as primeiras serán os sábado de febreiro nas que se realizará cardio box de 20.30 a 21.30 horas e o día 6 de xuño entre as 18.30 e as 20.30 horas levarase a cabo un taller de boxeo (colocación de pés) previo ao curso de defensa persoal.

As persoas interesadas poderan inscribirse na Casa da Xuventude os sábados de 11 a 14 horas.

Noticias relacionadas