Mañá celébrase unha velada de boxeo no Polideportivo Municipal do Palomar organizada polo Club Boxing Lugo

Venres, 12 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que mañá, sábado 13 de setembro, celébrase unha velada de boxeo no Polideportivo Municipal do Palomar. Esta velada está organizada polo Club Boxing Lugo.

Ás 11:00 horas comezarán lugar sete combates interclubes non oficiais e nos que participarán trece boxeadores e unha boxeadora do clube lucense. Estes combates serán de dous minutos.

A partir das 12:00 horas disputaranse cinco combates oficiais de tres minutos por asalto e de distancia olímpica. Participarán cinco integrantes do Club Boxing Lugo contra rivais de distintos puntos de Galicia.

Noticias relacionadas