Mañá ábrese o prazo para inscribirse na XIV edición dos Cursos de verán de Educación Vial organizados polo Concello de Lugo

As incripcións poderán facerse ata o 22 de xuño no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico

Mércores, 10 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Esther Muñoz na presentación dos cursos de verán de educación vial

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral en funcións, Esther Muñóz, a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, deron a coñecer esta mañá a programación dos XIV Cursos de verán de Educación Vial.

Esther Muñóz incidiu na importancia que ten para súa área “ensinar a través desta actividade os valores do respeto e a educación polos demais cidadáns xa que a seguridade viaria ten moito de respeto de cara o resto da sociedade”.

Pola súa parte, Paula Yubero, incidiu na importancia que ten que todas as administracións se involucren á hora de ensinar educación vial aos máis pequenos xa que é a etapa na que se aprende a respetar e na que se coñece as normas de circulación.

O Director do PIT, José Reigosa, explicou que as inscripcións poderán facerse dende mañá 11 e ata o 22 de xuño no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) e non será preciso solicitar cita previa para facer a inscrición. Para formalizar a inscripción será necesario achegar unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia xunto coa solicitude cuberta e a autorización familiar. 

Estes cursos están dirixidos a nenos e nenas de oito a catorce anos, en karts e bicicleta, e de 15 e 16 anos, en ciclomotor. O obxetivo salientou Reigosa é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá. Os cursos de verán rexistran unha asistencia media de 150 rapaces e rapazas. A lista de admitidos e os horarios destes cursos gratuítos serán publicados o día 26 de xuño no Taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico e na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.gal e na Xefatura Provincial de Tráfico.

As clases teóricas e prácticas, que darán comezo o 29 de xuño, desenvolveranse nas instalacións do PIT (Antiga Frigsa) en grupos non superiores a 15 alumnos que serán agrupados por idades. Os horarios serán de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, e de tarde, de 17.30 a 20.00 horas. A clausura dos cursos está prevista para o 30 de xullo ás 11.30 horas no PIT coa entrega de diplomas e agasallos aos participantes.

Audios

  • Sobre a presentación dos cursos de verán de educación vial  | Descargar mp3
  • Sobre os cursos de verán de educación vial | Descargar mp3

 

Noticias relacionadas